TALLER EXPERIMENTAL SOBRE TIPOGRAFÍA E COMUNICACIÓN NO CGAC
Martes, 23 de Decembro do 2008

Entre os vindeiros 25 e 28 de febreiro celebrarase no CGAC o taller titulado O ollo na rúa, sinais e identidade. Dirixido por Enrique Longinotti e Hernán Ordóñez propón catro xornadas de traballo de cinco horas cada unha (entre 16 e 21) sobre a tipoloxía e a comunicación. Englobado dentro do Proxecto-Edición o taller está coproducido coa DAG (Asociación Galega de Deseñadores).
As solicitudes poderanse presentar até o 23 de febreiro por fax, correo electrónico ou na recepción do Centro. Para calquera cuestión contactar co departamento de actividades no teléfono 981-546602 ou no mail Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver

Máis info en www.cgac.org
        Ver Comentarios (5)
 
INAUGURACIÓN NO CGAC DE A SOMBRA DA HISTORIA. OS CONTEXTOS QUE VEÑEN
Luns, 15 de Decembro do 2008

O vindeiro xoves, 18 de decembro, ás 20 horas o CGAC acollerá a inauguración da derradeira mostra do Proxecto-Edición: A sombra da historia. Os contextos que veñen. Unha exposición na que se presentarán os traballos El veneno del baile de Paco Cao, Obey. Humillados & Ofendidos de Joan Morey e Plan Rosebud de María Ruido, as tres propostas de máis longa duración dentro da iniciativa.
Xunto a elas, a instalación de Javier Peñafiel Test de conversación, así como dous espazos con especial protagonismo, o hall do edificio coas edicións e publicacións do Proxecto-Edición ao longo destes tres anos, e o Dobre Espazo cunha selección das edicións de artista da colección CGAC. Entre outras, obras de John Cage, Michael Elmgreen e Ingar Dragset , David Castro, Jota Castro, Erick Beltrán, Detanicolain ou María Nordman.
A mostra, que estará aberta até o 1 de marzo, ampliarase o vindeiro 8 de xaneiro con En torno a Baskerville, unha colaboración da DAG (Asociación Galega de Deseñadores).

Agardamos vervos alí.

Descargar folleto da exposición [.pdf 408 Kb]
        Ver Comentarios (4)
 
SEMINARIO DOCUMENTALIDADES/2
Mercores, 05 de Novembro do 2008

Está aberta a matrícula de Documentalidades/2 que celebraremos entre os vindeiros 11 e 13 de decembro no CGAC. Adscrito o Plan Rosebud de María Ruido e o estudo das políticas de memoria, o seminario porá o foco nos anos finais do franquismo e na transición, subliñando a importancia dos movementos sociais e as súas relacións coa cultura popular como auténticos protagonistas.

Entre os participantes, Frigga Haug, Teresa Vilarós, Carme Molinero, Sheila Rowbotham, Joan Ramon Resina, Mª Paz Balibrea, Jo Labanyi, Virginia Villaplana ou Tareixa Navaza. No marco do seminario serán presentadas ademais as dúas longametraxes Plan Rosebud/1 e Plan Rosebud/2.

Para máis información, ver pdf anexo.
Descargar folleto [.pdf 204 Kb]
        Ver Comentarios (3)
 
INAUGURACIÓN DE DSK NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE
Venres, 14 de Novembro do 2008


O vindeiro venres, 21 de novembro, inauguraráse na Fundación Luis Seoane da Coruña ás 20 horas a exposición de DSK (Juan Lesta & Belén Montero) CODECO: codificado-descodificado-codificado. Ademais, e tal como veñen informando hai uns días, terá lugar ao happening do xogo Tetris analóxico.
A mostra xoga co concepto de analoxización, onde a información codificada de xeito dixital e creada a partir de elementos analóxicos da vida real é recodificada de novo no medio físico conservando os caracteres da súa existencia dixital. Nela presentaránse dúas pezas novas: o Tetris analóxico e a Paleta Gráfica.

Descargar convite [.pdf 316 Kb]
        Ver Comentarios (1)
 
PRESENTACIÓN DA PUBLICACIÓN DO ESPAZODOCUMENTAL.NET
Mercores, 29 de Outubro do 2008
O vindeiro 17 de novembro, luns, presentaremos na Facultade de Belas Artes de Pontevedra a publicación do espazodocumental.net.

O acto terá comezo ás 12 horas coa intervención de Chus Martínez, Manuel Olveira e Alberto Valverde. A continuación celebrarase unha mesa redonda que contará coa participación de Mónica Alonso, X.M. Buxán Bran, Monse Cea e Suso Fandiño.

Agardamos vervos alí.

Descargar convite [pdf 132 Kb]

        Ver Comentarios (1)
 
POPURRIT
Venres, 17 de Outubro do 2008

Sae do prelo Popurrit, a última publicación de Belleza Infinita coproducida polo CGAC dentro do Proxecto-Edición. O libro reproduce as páxinas máis singulares de cinco álbums de Jorge Ozores (1867-1932) con selos, cromos, convites, programas de festas, etiquetas, calendarios, billetes de tren, boletos de lotaría, entradas de espectáculos, tarxetas de visita, recortes de prensa, bitolas... Impresións de carácter efémero e desbotable, case sempre gratuítas e non catalogadas, que se adoitan denominar Ephemera.
Popurrit xa está á venda na librería do CGAC.
        Ver Comentarios (3)
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 7 de 231
Boletín

Recibe o noso boletín de noticias e novidades




Formulario de acceso





Recuperar a chave?
Promotores


......